Grazas por facer posible o proxecto do Xallas FC
Grazas por facer posible o proxecto do Xallas FC
Grazas por facer posible o proxecto do Xallas FC
Xallas Cup 2026 · 10ª Edición
8 capítulos que resumen un día moi intenso, onde máis de 200 nenos e nenas e as súas familias formaron parte do encontro de fútbol base no Fontenla. Un día de convivencia, deporte e emoción que xa forma parte da historia do Xallas FC. Moito fútbol — e fútbol do bo — aquela tarde no Fontenla.
Cando rematan as competicións oficiais, o fútbol base non acaba. Os nenos e nenas seguen tendo ganas de poñerse as botas, compartir vestuario cos seus compañeiros e vivir novos partidos.
Así nace a Xallas Cup: como unha xornada para prolongar a ilusión dunha tempada chea de aprendizaxe, convivencia e deporte. Un día para seguir facendo o que máis lles gusta: xogar ao fútbol.
Ao longo dunha intensa xornada, 21 equipos da contorna e centos de familias converteron Fontenla nun punto de encontro onde o máis importante non foi o resultado, senón a experiencia compartida.
"Non queríamos despedir a tempada. Queríamos celebrala :)"— Organización Xallas Cup
…e 1 día moi intenso.
Cada torneo constrúese arredor dos seus protagonistas. Na Xallas Cup 2026 reuníronse 21 equipos da contorna, cada un coa súa historia, as súas cores e a súa maneira de entender o fútbol.
Durante un día, todos compartiron un mesmo escenario: o Fontenla.
"Grazas por formar parte desta edición."



















Durante toda a xornada, o Fontenla encheuse de partidos, goles, carreiras e moitas emocións. Houbo celebracións, remontadas, paradas imposibles e tamén derrotas das que aprender.
Porque no fútbol base cada encontro é unha oportunidade para medrar, compartir e seguir desfrutando do deporte que máis lles gusta.
"O mellor resultado sempre foi volver á casa con gañas de repetir."








































Xeración tras
xeración.

















Máis ca
un club.








O fútbol
que nos une.








Medrar
xogando.

































































Aquí
comeza todo.








Onde nacen
os soños.

































Fútbol
da Costa.






















A Xallas Cup non se viviu só nos partidos. Tamén estivo nas conversas entre familias, nos nenos e nenas xogando mentres agardaban o seu turno, nos momentos de descanso compartidos á beira do campo e no traballo silencioso de todas as persoas que fixeron posible a xornada. Porque os mellores recordos dun torneo non sempre nacen co balón en xogo.
Moito máis que fútbol.






































































































Todo torneo merece un final á altura. A entrega de medallas e trofeos puxo o broche a unha xornada intensa de fútbol, pero tamén de convivencia, respecto e ilusión. Durante uns minutos, o máis importante deixou de ser o resultado para dar paso ás fotografías, aos aplausos e aos recordos que cada equipo levou de volta para casa.
"O mellor premio é que os nenos e nenas rematen o día coa mesma ilusión coa que chegaron pola mañá."— Organización Xallas Cup
























































O que acontece durante unha xornada é só a parte visible. Detrás da Xallas Cup hai semanas de planificación, coordinación e centos de pequenas decisións para que todo funcione con naturalidade e eficiencia. Ter un bó equipo de traballo é fundamental para que todo saia o mellor posible, e diso, o Xallas FC pode presumir.
Grazas Equipo.















































O vídeo que anunciou a Xallas Cup nas redes sociais, coa mesma ilusión coa que se preparou cada detalle do torneo.
A cada xogador e xogadora que deixou todo no campo. A cada familia que madrugou para estar alí. A cada voluntario que arrima o lombo e fai que todo isto sexa posible. E a cada patrocinador e institución que cree neste proxecto do Xallas FC e o fai medrar tempada tras tempada.
Vémonos na próxima edición!