Ascenso a Primeira Futgal
Dous ascensos en tres anos, coa xente da casa.
Dende ben pequenos compartindo vestiario, bocadillos e momentos que quedarán sempre na memoria dos rapaces, cun denominador común: a camiseta do Xallas.

No fútbol base os resultados importan, pero non son o primeiro. O primeiro son eles.
Desenvolver a técnica e comprender o xogo, cunha formación adaptada á idade de cada xogador e xogadora.
Respectar, colaborar e resolver os conflitos. Medrar como equipo dentro e fóra do campo.
Un equipo onde os nenos e nenas se sintan parte del, con oportunidades para aprender e gozar do fútbol.
Compartir coas familias o orgullo de pertencer ao club e representar a Santa Comba.
Dous ascensos en tres anos, coa xente da casa.
A segunda Copa, xa en Primeira Galega.
Unha xeración irrepetible da nosa canteira.
Unha xornada de comunidade en apoio a Unha Amiga, Unha Aperta.
O Xallas FC é o club con máis títulos na historia da Copa da Costa masculina. A este récord súmanse as dúas Copas da Costa do sénior feminino, a máis recente conquistada en 2026.
Pioneiras do fútbol feminino na comarca e un exemplo para moitas nenas da Costa da Morte.


Datos de Instagram e Facebook, xullo–outubro 2026.
A túa marca diante de máis de mil persoas cada fin de semana e nas nosas redes.
O fútbol base como escola de respecto, hábitos saudables e inclusión.
Pioneiros na comarca e comprometidos coa igualdade de oportunidades.
Dous ascensos, pantalla LED e directos: cada ano máis retorno para quen nos apoia.
Cando apoias ao Xallas, apoias a Santa Comba.
Patrocinadores estratéxicos












Patrocinadores oficiais



























Empresas colaboradoras




















Empresas asociadas
Institucións colaboradoras





O teu negocio pode ser o seguinte.
Cinco xeitos de estar connosco. Todos os prezos son desde, por tempada.



O teu logo na camiseta do primeiro equipo masculino, difusión nas redes e logo en pantalla.
Interésame
O teu logo na camiseta do Xallas Fem A ou do Fem B, difusión nas redes e logo en pantalla.
Interésame
Patrocinador dun equipo de fútbol base, con difusión nas redes, logo en pantalla e na app do Xallas FC.
InterésameCada botón abre un WhatsApp con Sergio Prego coa opción xa escrita.
Tres xeitos de saír na pantalla LED de 5 × 3 m, nos partidos de fútbol base e sénior de sábado e domingo. Prezos por tempada.
O teu logo na pantalla tamén mentres se xoga, e na emisión do partido por VeoLive.
InterésameUn vídeo do teu negocio na pantalla LED do campo. Máxima visibilidade.
InterésameMáis de 1.000 persoas cada fin de semana, segundo as tempadas anteriores.
Que a Costa te vexa como o que es: unha empresa forte, da terra, que aposta polo seu fútbol.
Coa túa cuota, o club segue medrando.
Cada achega, grande ou pequena, axuda a que os nosos nenos e nenas sigan vestindo esta camiseta.